Captura de Agosto de 2008
Captura de Xuño de 2009
Se falamos de Final Fantasy XIII falamos de calidade, duración e historia, pero hoxe tócanos falar só do primeiro apartado, a calidade.
E temos que mencionar este apartado porque apareceron unhas capturas tomadas no 2008 e outras actuais que van dar moito que falar, e van dar moito que falar porque as capturas tomadas fai case un ano son bastante mellores que as que se plasmaron actualmente.
As primeiras, teñen unha mellor iluminación, mellor textura e mellor resolución e as que sacaron este mesmo ano carece desta excelente calidade.
Isto que significa?, tentáronnos enganar?, tratarase do cambio de consolas?, a mín no me gusta nada, pero unha cousa queda clara, que Final Fantasy XIII pode presumir deste tráiler.
Este tipo de timo/tomadura de pelo é moi habitual nos xogos máis emblemáticos. Lembra ao que pasou con Killzone 2, no que presentaron un vídeo inicial que dicían que era in-game e logo resultou ser unha farsa (e o xogo final tiña uns gráficos bos, pero moi inferiores ao prometido).
Neste caso parece claro que unha cousa é un render para a publicidade e outra ben diferente o que amosará o xogo.
Ah, e esquecía un caso no que aínda é máis descarada a cousa: ¿cómo é posible que haxa capturas de pantalla de xogos de PSP que teñan moita máis resolución que a pantalla da consola portátil?.
No caso de Killzone 2 creo que era bastante evidente que non chegaría a tal, o mesmo pasa co vídeo de Beyond Good & Evil 2, se segue o seu desenrolo, alguén pensa que vai chegar a eses limites de perfección?, non creo.
Pero no caso de FF XIII, o tratarse de capturas tiña esa esperanza, pero xa me quedaron solventadas, home, tempo teñen para amañar este lavado de cara pero moito me da a min que non.
Con todo isto, o calidade gráfica vai ser moi elevada, pero como ben dís pasaralle ao mesmo que o Killzone 2, non chegará a tanto como prometen.
E con respeto á PSP, o conto xa é de risa, deixando a un lado FAKES, como Uncharted 2 para psp e similares, moitos tráilers que se amosan acadan niveis verdadeiramente elevados,por qué será ………..