Capturas de White Night Chronicles

Por: Sábado, 1 de Agosto de 2009

Level 5 é o encargado de desenrolar White Night Ghronicles, un RPG que xa está sendo desfrutado polos xaponeses,( qué raro verdade?) e que nós aínda teremos que esperar un tempiño para que chegue a estes lares.

Valerá a pena a espera? polo de agora é mellor non dicir nada porque ben se sabe que o hype nos tempos que corren é abusivo, pero estas dúas imaxes prometen algo verdadeiramente esperanzador.

White Night Chronicles 1

White Night Chronicles 2

Como vedes este par de escenas son de luxo e a historia non creo que se quede atrás.

Estaremos ante un claro competidor de Final Fantasy XIII?, ummmm, a saga Final ten moito camiño andado.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario