Xa teño falado desta nova entrega de Aliens vs Predator , e pese que aínda temos que esperar un tempiño para probalo, o título parece que vai collendo mellor cor.
Vendo este último vídeo xa nos deixa claro co que nos vamos atopar na campaña do soldado, escuros corredores cheos de sombras, idas e voltas de luz, tiros, tiros e máis tiros a todas as criaturas de sangue ácida e as de cara de arácnido.
O frenetismo parece que acompañará ao título, cousa indispensábel para un shooter deste tipo, veremos se non se volve monótono, que moito me temo, que coa escusa de que poderemos manexar ás tres especies do xogo, descoidarán o modo aventura e o único que teremos que facer é avanzar, avanzar e avanzar sen ningún tipo de aliciente.
Se nos agasallan cun plantexamento rápido, entretido, e unha imprevisíbel gama de misións ,pódese converter non xogo moi recomendábel. Aínda que a experiencia dime que conseguir isto é máis que complicado.