Dead Space chegará aos cinemas

Por: Luns, 27 de Xullo de 2009

dead sapce film

Desde Anait Games chégame esta nova, o Dead Space, un dos xogos máis representativos do ano pasado contará con adaptación cinematográfica. Si, e con isto únese ao montón de filmes imperdanábeis, que se aproveitan da fama do xogo e bla bla bla bla… a estas alturas xa todos sabemos como se move toda esta parafernalia.

O proxecto estará dirixido por Daniel John Caruso, unha das súas últimas películas foi “La conspiración del pánico” e non me entusiasmou demasiado ( non quero pensar o que pasará con esta), estará producida por Electronic Arts e aínda están a procura dun guionista que encaixe nas ideas da dirección e da produción.

Filmes baseados no espazo exterior hai moitos, que poñan como inimigos uns extraterrestres “cabreados” tamén hai demasiados, ademáis que poñan como escenario unha nave averiada , xa está moi visto. Deberán xogar moi ben coas luces, sons e coa gravidade cero para plasmar á película de vitalidade, e non creo que estén dispostos a conseguilo.

Ah, por certo, o protagonista de Dead Space non menciona palabra en todo o xogo… un detalle que me acordou.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario