porco BGE2

Non, non, nooooooooooon. Despois da aparición de novos datos e un absolutamente impresionante vídeo da segunda parte de Beyond Good & Evil, agora chéganos directamente desde a Comic-Con a peor nova que podiamos esperar, xa que esta secuela podería estancarse e nunca saír ao mercado. Xa que Laurent Detoc, presidente de Ubisoft de Norteamérica, dixo nunha entrevista:

“Aínda estamos  estudando o seu lanzamento, porque non queremos deixar de lado a franquicia. O que pasa é que se filtrou material de Beyond Good & Evil o cal significa que estivemos traballando nalgo sobre a franquicia, pero non quero dicir que signifique que hai outro xogo. Si hai un título ou non, verémelo nun futuro. Así que non podo responderche sobre si volveremos traballar nesta franquicia, é cousa do equipo creativo, hai interés nel pero aínda hai que ver como se afronta.”

A verdade é que me extraña bastante que despois de todo o tinglado que se formou ao redor do vídeo, agore anulen este proxecto.

Son consciente de que ese vídeo non pertence a unha secuencia real do xogo ( porque se non…), as imaxes son sacadas directamente de secuencias, pero, o xogo ten unhas pintas absolutamente abrumadoras. Por isto non quero pensar que pode ser cancelado, é máis , non o vou a pensar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario