Xa fai certo tempo, deixei clara a miña postura sobre o Little Big Planet nun dos múltiples foros de videoxogos, e non tardaron en dirixirme todo tipo de adxectivos menos de loubanza…

A miña postura era a seguinte, son consciente de que atreverse cun plataformas clásico nos tempos que corren é bastante arriscado, e aprezo estes actos, mais a pesar de contar cun apartado gráfico prodixioso e unha banda sonora de filme, o resultado final non era o que me esperaba ( ao mellor é que atendín demasiado ás excesivas notas de todos os medios). O título faise moi curto e sinxelo, e se o xogas en compañía (por suposto, o mellor do xogo ) a lonxevidade de LBP diminúe aínda máis.

Si, quédanos o online (gran triunfador do xogo) pero a construción de novos escenarios antóllaseme demasiado duradeira, e finalmente, todos os niveis seguen unhas pautas remarcadas, cos mesmos accesorios e incluso as mesmas situacións (se en vez de tirarse nun monopatín por unha pendente, se tira nun coche, a situación cambia?) é só un exemplo, xa que en vez de coche pode ser unha especie de moto, de bicicleta, de nave espacial,…de calquera vehículo que poidas construír, pero o momento é idéntico. Así, de forma indirecta, estas creacións aseméllanse entre sí, porque por moito que cambies o envoltorio, o de dentro non vai cambiar. Con todo, temos un xogo moi bo e moi recomendábel (non quero dar outra sensación ) pero non comparto as atroces notas e críticas, todas elas de benevolencia absoluta, que rodearon ao título.

Despois desta micro-crítica introductoria, comento a noticia principal, xa que os usuarios seguen pasando hoaras e horas creando niveis (unha vez que te acostumas ao editor de LBP,o vicio está en crear niveis, non en xogalos), tanto é así que chegaron a nada desprezábel cifra de un millón de escenarios creados, e como non podía ser doutra forma, Media Molécule fíxolles unha pequena homenaxe elixindo e recopilando algunha destas creacións (non todas por suposto ).

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario