Hai dous títulos que lle teño moitas ganas desde que soupen o seu desenrolo, un deles é o “escondido” Metro 2033 e outro é The Saboteur. Este último é do que vamos a falar a continuación, xa que por fín Pandemic Studios fixo público o día de lanzamento do seu título, o 8 de decembro.
Parece ser que se une á inmensa cantidade de títulos que aproveitan da campaña navideña para darlle unha maior saído ao videoxogo, non é difícil darse de conta que lle van saír bastantes competidores, pero desde logo, para mín é un dos favoritos.
Para aquel que aínda non saiba de qué trata este proxecto, estamos ante un “sandbox” con cualidades propias, xa que nun principio, o protagonista Sean Devil, que se atopa nun París de 1940 ocupado polos nazis( nunha misión de vinganza), terá que recorrer esta fermosa cidade en branco e negro, e a medida que os nosos obxectivos vaian sendo cumpridos , a paisaxe irá adquirindo cor, ao máis puro estilo Okami ou o último Prince of Persia .
Se queredes ver a impresionente pinta que ten, botádelle un ollo ao vídeo. Non é que sexa moi partidario da absurda Navidade consumista, pero só por ter este xogo, estou desexando que chegue.