Parece que hoxe é o día das figuras, e se anteriormente vos ensinaba a recreación perfecta do protagonista de Brutal Legend, agora é o turno das estatuíñas plastificadas de Bioshock.
Así, desde Kotaku chégannos estas dúas imaxes, na que se apreza a perfecta recreación ( como era de esperar) dunha Big Sister , unha Little Sister e un “señorpez” Big Daddy, as cales serán presentadas dentro duns días na inmediata Cómic-Con.
Vaia que no quedaría perfecto este Big Daddy na miña mesiña de noite, xusto debaixo do póster de Kratos…