Figura de Brutal Legend

Por: Martes, 21 de Xullo de 2009

Sempre tiven unha acentuada debilidade por todas estas figuriñas que sacan xunto aos seus respectivos xogos. Son consciente de que o fan para aumentar o seu ingreso monetario, pero quén non gusta de poder tocar, mover ou “cheirar” realmente ao seu personaxe de videoxogo?

Por isto preséntovos un calco do heroe de Brutal Legend, con todos os seus complementos, desde os seus pantalóns de coiro ata a súa hacha de guerra, pasando pola súa expresión “rock&rolliana” e rematando polos seus brazos “gearsofwarianos”. Verdadeiramente non lle falta de nada.

Pero se xa estades pensando en mercala na tenda, dicirvos que só se poderá conseguir na promoción da súa páxina web, así que xa sabedes…

figura brutal legend

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario