O cómic de Dante´s Inferno

Por: Luns, 20 de Xullo de 2009

dante´s inferno

Seguindo co márqueting que xa levaron a cabo xogos como Dead Space ou Gears of War, Dante tamén terá que enfrontarse ao propio inferno en viñetas. A obra en papel constará de seis cómics ilustrados por Diego Latorre e escritos por Christos Gage.Esta serie aparecerá á venta en decembro, anticipándose á propia saída do xogo.

Aínda non se sabe nada sobre o fío argumental que seguirá este proxecto, mais case estou por asegurar que aclarará algunha que outra incógnita que apareza no xogo ( porque non creo que se atrevan con algo independente, aproveitarán o tirón do xogo para matar dous paxaros dun “pixelazo” ).

O que non estou moi seguro é se o cómic estará á altura do xogo, ou é o propio xogo que ten que estar á altura do cómic. Atrevédesvos a resolver a incógnita?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario