Cantas veces temos escoitado a posíbel saída dunha portábel de Microsoft?, moitas, pero en todas elas, os grandes responsábeis da compañía ianqui non se pronunciaron ao respecto.

Sen embargo, por unha vez, Shane Kim , encargado da estratexia e desenrolo do negocio de Microsoft fala nunha entrevista, que a incursión deles no mundo das portábeis é só cuestión de tempo:

“Para nós é cuestión de “cando”, porque se perseguísemos unha oportunidade no  mercado móvil ou portábel, non teriamos recursos e a habilidade de facer as cousas como… Project Natal. Así, eliximos centrarnos na experiencia do salón de estar desde un punto de vista do hardware, pero estamos construíndo un servizo no Live que se extenderá a outras plataformas. Non hai dúbida ao respecto.

Polo que a cuestión será cómo entrar neste mercado.Creamos o noso propio dispositivo?, creamos o noso propio teléfono?.Esta é a verdaeira pregunta para a empresa.”

Só nos queda agardar a que se atrevan a sumerxirse no mercado das portábeis ( un dos máis competitivos, polo que se vé ).

posíbel consola

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario