Tráiler de Assassin´s Creed : Bloodlines

Por: Venres, 17 de Xullo de 2009

Se fai un tempo vos amosaba as primeiras imaxes da intrusión de Altair na portábel de Sony, agora é o momento de ver como se move en realidade.

Parecer ser que vai ter as mesmas habilidades que na anterior entrega, incluído por suposto as espectaculares escaladas polos edificios máis altos da zona, e o uso da súa coitela de mán. Ademáis as animacións son moi boas, aínda que non me gusta demasiado ese ambiente branco e de néboa que se amosa no vídeo e que xa se podía aprezar nas capturas.

Polo demáis, só sabemos que será un enlace clave entre a primeira e a segunda parte, e que poderemos desfrutar del en novembro (isto sendo positivos e sen contar con retrasos ), pouco máis se sabe deste xogo. A espera estamos de nova información.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario