Como sempre movémonos nun ambiente rumorístico e especulativo,e desta volta percatámonos do tema grazas a Kotaku, pero non pensedes que o rumor foi creado por un analista incomprendido, nin por un productor de videoxogos, esta vez o rumor foi creado por Opeth, un grupo de death metal progresivo , que desde Suecia puxeron na súa páxina web:
“Pode que non nos guste moito xogar aos videoxogos, pero mólanos que a nosa música estea incluída neles. Isto fainos sentir aínda un pouco máis orgullosos, cando un xogo tan grande como Saints Row para PSP e moito máis orgullosos aínda cando a xente que o desenrola amosa un gusto excelente elixindo “ The Lotus Eater”. Así que si che molan os videoxogos, o xogo está programado para chegar ás rúas arredor de marzo de 2010”
Por suposto non estamos a falar de nada oficial, só nos referimos á palabra dun grupo de Metal ( que eu non son quén de cuestionala…), pero que mentres algún dos directivos do xogo ou de Sony non se pronuncien ao respeto, quedará como un simple rumor.
Só nos queda pensar no ben que pode relucir na pantalla da portábel a cidade de Saints Row, colares de ouro, coches “tuneados” e disparos, moitos disparos.