Kane & Linch

Fai uns días publicaban a noticia de que Eidos desaparecía e pasaría a chamarse Square Enix Europe, o nome dame igual, o que verdadeiramente me interesa é o rexistro que fixeron co nome de Kane & Linch: Dog Days.

Non hai que ser moi espabilado para saber que se trata da segunda entrega de Kane & Linch, e desta volta esperemos que fagan algo decente e non un xogo tan “simplón” como a primeira parte, xa que ten o necesario para convertirse nun gran xogo, é dicir, protagonistas carismáticos, historia aceptábel e un cooperativo imprescindíbel, só falta que coiden ben o apartado técnico e o desenvolvemento das misións, que na primeira parte deixábante con ganas de máis ( moito máis ).

A decir verdade nunca pensei que aparecería unha nova entrega destes dous “curiosos” protagonistas, xa que as ventas do primeiro xogo non foron moi excesivas,pero sempre hai alguén que te sorprenda.

Estaremos ante un bo Kane & Linch . Disculpádeme que me extrañe e o dubide.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario