Para os que estabamos frotando as mans á espera desta segunda entrega de Biosock para este ano, xa podemos cambiar de posición, cerrar o puño ben forte e con el, darlle na cabeza aos seus creadores , que o único que saben facer cos títulos é crear un “hype” inmenso ao redor dos seus proxectos, dicindo que sairá este ano, que é moi bo, que non sei canto… e cando se acerca a data de saída, retrásano sen ningunha explicación, a dicir verdade, eles dín que é para mellorar a calidade do título, pero case estou por asegurar que desde un inicio sabían que o xogo non chegaría neste ano.
Estas foron as palabras de Ben Feder, un dos responsábeis de Take 2:
“A decisión de modificar unha data de lanzamento nunca é doado, especialmente cun producto tan esperado como BioShock 2. Sentimos que era esencial invertir ese tempo adicional para asegurarnos de que o título ofreza o que os aficionados esperan e merecen.”
Aínda por enriba con peloteo e hipocrisía cara os xogadores.
Pero para redondear esta mala nova, Take 2 asegurou que títulos como Mafia II, Max Payne 3 e Red Dead Redemption, tamén sairán ao mercado no próximo ano. Por se acaso teñades algunha esperanza.
EDITO:Última nova, na banda de títulos que aparecerán no 2010, temos que engadir o esperadísimo Heavy Rain (parece ser que non queren sacar o título en datas navideñas). A mín xa me da igual a escusa que poñan. Cal será o próximo título que se retrase?, facede apostas.