Modo Drift en Need For Speed : Shift

Por: Luns, 13 de Xullo de 2009

Parece un pareado!!

Sempre dixen que desde que saíu o Most Wanted, a saga Need for Speed foi cada vez a menos, e mentres se acrecentaba a súa fama, diminuía a súa diversión.

E despois de tres entregas bastante cutres ( sen contar as versións portábeis, que tamén vaia por deus ), os seus creadores deciden darlle un cambio de rumbo á saga, e meterse de cabeza na simulación ( aínda que o Pro Street xa tiña máis de simulador que de arcade ), coa intención de volver subir ao cumio esta saga de condución.

Non vou comentar nada deste cambio, simplemente dicir que prefería mil veces que volvesen aos seus inicios…

E neste vídeo fannos unha demostración do que será o seu apartado de “derrapes”, e o único que saco en conclusión é que a similitude cos anteriores xogos é inmensa. Non vos fiedes do apartado gráfico, que tamén aparentaba impresionante o do Pro Street ( con eses coches brillantes e que parecían de verdade ) e logo, pasa o que pasa, e aparecen as frustracións.

Polo menos neste apartado de Drift o lavado de cara non se vé , e parece outro título Need for Speed do montón, haber como son as carreiras.

Cando veremos un Need for Speed : Underground 3?…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario