Totalmente impresionante. Son cinco minutos de auténtica tolemia pixelada, un repaso desenfadado de grandes videoxogos , que se mesturan de forma aleatoria neste vídeo, facendo deste algo único.

Desde Mario mexando ata un final orgásmico de Lara Croft.

Agora xa entendo porque en todos os xogos de Mario eu sempre escollo a Luigi…

Desfrutade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario