Rumor sobre a precuela de Tom Raider

Por: Domingo, 12 de Xullo de 2009

Como un lóstrego apareceu e invadíu as redes de internet o posíbel anuncio dun novo xogo de Tom Raider, e digo como un lóstrego porque despois de que 4Player amosase unhas imaxes dunha Lara Croft… diferente, os abogados de Crystal Dynamics fixeron retirar esas fotos.

Por sorte ( ou non ), xa non se pode facer nada e estas imaxes circulan por toda a rede:

tom raider 1

tom raider 2

tom raider 3

Como vedes, a diferenza sobre os anteriores Tom Raider é bastante acentuada. Non só referinte ao cambio de imaxe de Lara Croft, se non á ambientación máis tétrica e terríbel que se nos amosa.

Segundo parece ( volvo repetir que estamos ante unha inmensa especulación ), a historia amosarános unha Lara Croft inexperta, que debido a un accidente de barco remata perdida nunha illa (aparentemente deserta ), a partir de este punto deberá aprender a sobrevivir loitando con malignas criaturas, saltando enormes cantís , investigando todas as zonas da illa e todo isto con total liberdade de movemento polo escenario.

Este lavado de cara de Lara, supoño que será unha aposta arriscada pero necesaria na evolución da saga, tendo en conta o baixo número de ventas que tivo a anterior entrega, era previsíbel unha nova entrega diferente, pero tanto…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario