Novo tráiler de ModNation Racer

Por: Domingo, 12 de Xullo de 2009

Ao mellor con este nome aínda nnon sabedes a que xogo me estou refirindo, pero se vos digo que se trata dun videoxogo de coches no que teremos liberdade absoluta ( non creo que tanta ) para crear os nosos propios escenarios e que foi anunciado no E3 por primeira vez, ao mellor xa tedes en mente ese vídeo explicativo no que un dos seus desenroladores creaban un circuito ( bastante decente, por certo ), en menos de cinco minutos.

Vale, non foi do máis chamativo que se presentou na feira , pero hai que dicir que deste plantexamento pode saír algo verdadeiramente bo.

Nun principio neste tráiler non se amosa nada que non teñamos visto na feira, é dicir, a creación de outro circuito, a modificación ao noso gusto do conductor e unha xogabilidade que en verdade se parece ao Mario Kart ( non como a aberración de comparar a Blur co insuperábel Mario Kart ), que por outro lado, non creo que este ModNation Racer supere ao xogo de carreiras de Mario. Aínda así, nunca está demáis facer un pequeno recordatorio para que non perdades de vista este título, y este vídeo é o adecuado para isto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario