Novo vídeo de Uncharted 2

Por: Venres, 10 de Xullo de 2009

Necesariamente, cando un xogo consegue captar a atención de millóns de xogadores, a súa continuación virá acompañado dun “hype” abrumador, constante e innecesario, e aínda que xa fomos testemuñas de variados vídeos, moitos deles gameplay, desta segunda entrega de Uncharted, que por certo, virá acompañado co sobrenome de “ O reino dos ladróns” (parece un capítulo das Mil e unha noites), agora chéganos outro vídeo “off-game” ( ou pensabades que non sería capaz de inventarme algunha palabra?), na que se nos presenta otros novos personaxes, e vólvenos deixar patente a calidade que ofrece o título.

Se os que están cocendo e recocendo o xogo non pecasen do mesmo erro que na primeira entrega, é dicir, a súa duración, poderíase converter nun gran referente do xénero, pero xa coñecedes o dito: “ O home é o único ser que tropeza tres veces na mesma pedra”

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario