Nintendo continúa na súa constante degradación, e vólveo deixar patente na noticia sacada de Gamasutra , na que nos informan que a inútil e ilóxica función Demo Play ( que nos permitirá ver como a propia consola xoga por sí soa nos puntos máis difíciles ) , non só invadirá os circuítos da Wii, se non que tamén infectará a portábel de Nintendo.
Na Wii, xa está confirmado que New Super Mario Bros e o novo Zelda empregarán esta ferramenta, dando a posibilidade a pseudoxogadores a rematar estes xogos “extremadamente difíciles” ( espero que se note a ironía), coa única utilización da súa inconsciencia.