Todo o surrealista e absurdo está acompañado dunha orixinalidade innegábel. De aí o meu afán por atopar cousas que saian do habitual.

Hoxe foi un deses días, porque xa me diredes a qué cabeza humana se lle puido ocurrir a idea de mesturar a mítica balea Moby Dick no mundo de Sreet Fighter. Pois o resultado foi unha camisola co debuxo que vos presento aquí:

moby Dick en street fighter

Qué queredes que vos diga, a mín gústame moito. Pena que non sexa tan doado atopar destas camisolas por estos lares.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario