A día de hoxe, xa todos sabemos a que nos referimos cando mencionamos Project Natal . Uns teredes visións positivas sobre este cacharro e outros temos opnións negativas sobre a tentación insaciábel de eliminar o mando clásico dos videoxogos.
Pois agora tócalle opinar a un dos personaxes máis representativos desta última xeración, e isto foi o que mencionou Cliff Bleszinski ( creador de Gears of War ), nunha das súas charlas:
“Botarémoslle unha ollada a Natal (non prometo nada) aínda que é probábel que Epic siga traballando coa interfaz de control clásica no futuro inmediato. Pero creo que sempre hai formas de combinar os dous sistemas e complementar un xogo clásico cos controis de Natal para facer algo inmersivo.”
Para min son palabras alentadoras (esperemos que a longo prazo os de Epic continúen creando xogos co control clásico e non se deixen enganar por modas pasaxeiras ), xa que non poño en dúbida que esta cámara sexa útil para títulos de minixogos ( como fixeron co Eye Toy), pero de aí e tentar involucrala en shooters, aventuras, etc pareceme bastante arriscado, xa que dubido ( case o aseguro ao 100% ) que esa camariña responda como nos queren facer ver nos vídeos e en todo ese “hype” que se lle está dando.