Análise de Prototype

Por: Mércores, 8 de Xullo de 2009

prototype portada

Máis que Prototype poderiámoslle chamar “Protohype”, xa que este máis o Infamous, coa excusa( falsa ) de Sanbox con liberdade para facer o que quixeses, aproveitáronse do “Hype” ata exprimilo ao máximo. E como sucede sempre que se eleva esta teórica calidade a límites insospeitados, unha vez que o probas, déixate bastante frío.

Empecemos polo máis elemental. Alex Mercer é o protagonista deste xogo, o cal nos introduce nunha cidade infectada por un virus letal para o humano. O noso protagonista será un dos milleiros de infectados, pero cunha peculiaridade, por algunha razón ( teredes que xogar ao título para sabelo ), el pode controlar ese virus, dándolle a posibilidade de converter as súas extremidades en espadas cortantes, realizar enormes saltos, correr polas paredes,planear, adaptar a apariencia de calquera persoa e outra serie de movementos e virtudes que lle axudarán na súa aventura de atopar á persoa que lle fixo isto.

prototype 1

Este é o plantexamento inicial de Prototype. Así, para levar a cabo esta búsqueda terá que superar ata unha treintena de misións , desde eliminar helicópteros ata infiltrarse en bases inimigas usando as nosas habilidades. Como dixen anteriormente, non estamos exactamente ante un Sandbox, xa que sempre teremos só unha misión dispoñíbel, a única elección que podemos facer é ir directamente a ela, ou entreternos coas misións secundarias. Pero cando levedes feito unhas dez misións secundarias, percatarédesvos que son todas idénticas, polo que lle quita moito interés a completalas todas, ademáis, son do estilo de chegar a un determinado punto nun límite de tempo, absorver a varias persoas coa nosa habilidade ou planear ata un punto en concreto. As misións secundarias son moi “simplonas”.

Non hai que negar que a posibilidade de correr por paredes, facer saltos imposíbeis, planear e destruír todo o que nos rodea, sempre gusta aos xogadores, pero isto fai que sexa bastante similar a Spiderman ( se xogastes a algún dos seus xogos, sobre todo a segunda parte , estaredes de acordo ), ademáis a enorme cantidade de soldados e infectados que atopamos nas batallas converten  estos combates nalgo caótico. Non saberedes quén vos está atacando, só veredes proxectís, mísiles e de vez en cando entre tanta fumareda atacaranos algún infectado. Claro que a medida que vayamos eliminando e absorvendo a máis inimigos, iremos aumentando as nosas habilidades ( e consegindo novas ), dándolle máis variabilidade a estes combates, e unha vez que te acostumes a tanto tiro e disparos, xa os pasarás por alto.

prototype 2

Entre as misión atoparás a un par de monstros, e non pensedes que son tan doados como outros tantos xogos. E isto é un dos puntos fortes de Prototype xa que ten unha dificultade mi axustada ao xogador, é dicir , non terán un sinxeleza prenatal , pero tampouco che parecerá en ningún momento imposíbel de pasar ( aínda que teñas que morrer varias veces ).

A calidade gráfica non é abrumadora , pero déixase ver bastante ben ( plasmar unha enorme cidade non é cousa doada, só está á altura dos grandes , verdade Rockstar?… ). A pesar disto, non existe moito popping e os tempos de cargas están ausentes, algo que se apreza de verdade. O modelado dos infectdos son notábeis e aínda que os edificios son bastante lisos e “simplóns”, compénsase pola vida que ten a cideade enteira.

Con relación á duración do título, dicir que andará sobre as nove horas, xa que non creo que moitas persoas se interesen polas misións secundarias como xa dixen anteriormente, ademáis, as principais tampouco chegan a viciar e enganchar como o fan outros xogos similares.

Así, estamos ante un xogo decente pero que nin de broma chega á calidade que se mencionaba fai unhas semanas. Ao mellor se obtasen por unhas misións ( e combates ) algo máis claros e orixinais , podería acadar unha nota maior , pero para mín, os creadores partiron dunha base trabucada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario