PSP

Que se leva falando sobre unha hipotética  segunda parte de PSP dese xa hai ben tempo, non o pode negar ninguén, e aínda que a noticia de PSP Go no E3 quixo diminuír os rumores da segunda parte, non o conseguíu, e o último que se uníu a acrecentar as especulacións sobre este aparello foi Eurogamer , o cal alegando unhas filtracións explícannos a capacidade gráfica que podería ter PSP 2.

Temos que ter en conta que tan só son rumores, pero se existe algo de realidade nisto, a portábel de Sony apunta moi alto, mirade a que me refiro. A máquina incorporaría un procesador gráfico de 4 núcleos baseados no POWERVR SGX543 de Imagination Technologies. Actualmente, cada un destos núcleos ofrecen 35 millones de polígonos por segundo e un fillrate de 1 Gigapíxel por segundo, todo esto a 200MHz e con capacidades para vídeo en Alta Definición. Se isto é capaz de facelo un só núcleo, imaxinadevos catro.

Ademais, entre os extras desta tecnoloxía encontramos USSE2 (Universal Scalable Shader Engine2), versión avanzada deste set de instruccións para vectorización, un manexo avanzado dos tiles (elementos mediante os que se constrúen os fondos) para reducir o ancho de banda neste apartado, soporte para OpenGL ES 2.0 e outra serie de avances destinados a ofrecer os mellores resultados visuais en dispositivos portábeis.

Para que vos fagades unha idea, a PSP 2 tería unha capacidade gráfica superior á XBOX orixinal, e parece que están tomando bastante en serio a duración da súa batería, porque con todo isto, a batería vai sufrir bastante.

Polo de agora, toda esta información esta no aire esperando a que se confirme, e se o fan, estariamos ante un verdadeiro monstro portábel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario