Fumito Ueda non só é un dos grandes xenios actuais capaz de crear pequenas marabillas indescriptíbeis, como ICO ou Shadow of the Colossus, se non que tampouco ten ningún reparo en facer críticas constructivas e moi obxectivas sobre xogos, os cales a crítica eleva á categoría de “inmellorábeis”.
Isto dixo nunha entrevista na cal opina sobre dous dos grandes xogos desta xeraciójn, o Mario Galaxy e o GTA4.
Sobre a o Mario Galaxy, un dos poucos xogos bos que ten a Wii actualmente, comentou:
«Si, xogueino ,foi difícil non facelo desde que se rumoreou que Miyamoto se inspirase en min” pero parece que non quedou plenamente satisfeito: “esperaba máis”, afirma, “non era tan divertido como podería ter sido” “Creo que os fans fixeron unha montaña dun gran de area” e continua “Cando dixeron que Miyamoto me copiara. Sobre o que son crítico, non é sobre que non collese nada que non sexa único do meu xogo, se non, que non fixese con iso fases máis divertidas”.
Con respecto ao sandbox de Rockstar, dixo que era preocupante a falta de innovación e que sexa tan parecido ao resto dos capítulos.
Como vedes, o creador de The Last Guardian, non se une á corrente de clónicas opinions inobxectivas que tan acostumados estamos a escoitar, e aínda que sexa da opinión que o GTA 4 si presenta un innovación sustancial con respecto ás anteriores entregas, sobre todo no seu manexo e xogabilidade , non quita para que cada vez aumente o meu aprezo por Fumito Ueda.