Só os xaponeses son capaces de unir o erotismo directo dos animes coas loitas rolísticas dos RPG, dando como resultado o título que nos trae.
Así, Queen´s Blade parece un título con loitas en 2D da vella escola, salpicado de centos de imaxes e vídeos para sumerxirnos no seu mundo. Pero o que realmente chama a atención deste xogo é o elevado contido erótico, porque se eres dos que escolles a Ivy no Soul Calibur para presenciar a resaltación e movemento ondulado das súas… “cualidades”, non te imaxinas o que te atoparás neste xogo, porque se só no tráiler inicial o contido sexual nas batallas é moi elevado, non quero pensar como será se nos adentramos profundamente no xogo.
Pero claro, algo ten que fallar, e este “algo” está reflexado nas fronteiras, porque dubido moito que este título saia de Xapón, porque algo tan provocativo non pode chegar ás nosas consolas, porque algo diferente ao resto de títulos non é benvido, porque simplemente os xaponeses son capaces de crear algo así.