Fai un par de anos, a compañía Techland creadores de Call of juarez, presentou Dead Island, un survival horror en primeira persoa. Pero despois desta presentación pouco máis se soubo deste título.
Pero todo cambiou estes días grazas a unha entrevista en G4TV, na cal afirman que despois de rematar coa última parte de Call of Juarez, dedicaranse a rematar o Dead Island.
“Desafortunadamente o noso acordo co editor do xogo impídenos falar cos medios de comunicación sobre o seu desenrolo. Todo o que podemos decir é que o título está en desenrolo e será algo grande. Así que toda a información que recibiredes do xogo virá de parte da editorial “
Polo de agora pouco máis sabemos deste proxecto, simplemente parece que será exclusivo de Xbox 360 e que non o teremos entre nós ata 2010. Non é que sexa un plantexamento do máis orixinal, pero se fan as cousas ben pode saír algo bo, aínda que tamén é certo que teño moi pouca confianza nestes videoxogos que se empezan e despois déixanos a medias, e despois volven a reenganchalo,etc.
Eu, que xa vou para maior, boto de menos unha aventura grafica en condicións 🙂 Pero o mellor quen sabe…ten moi boa pinta. Saúdos e apertas
Se che gusta o xénero das aventuras gráficas non teñas esperanzas con este título, xa que vai ser un FPS, é dicir, visión en primeira persoa, tiros, disparos, algún que outro susto, tiros, disparos, tiros,….
Eu conformaríame con que fose un shooter divertido, pero polo de agora calquera especulación é bastante arriscada.