Erotismo en videoxogos

Por: Domingo, 5 de Xullo de 2009

O post anterior fíxome pensar nos xogos que se atrevesron a plasmar o erotismo nunha etapa na que este tema era bastante infrecuente, e sobre todo no formato “videoxoguil”. Con isto no me refiro ás mulleres do GTA, o minixogo sexual de God of War, nen sequera ás aventuras de Larry. Quérome desprazar un pouco máis atrás, sendo así algo aínda más provocador ( paréceme algo estúpido denominar ao erotismo provocador, pero ben sabedes que aquí, se nun filme se amosa unha teta xa se cataloga para maiores de 18 anos, e sen embargo, en filmes de disparos, masacres, amputacións, golpes,etc, etc , pode ser visto por calquera persoa. Aquí, a xente ten a violencia como normalidade e aceptada, e ao erotismo como escandaloso e indecente, é ben triste).

Por todo isto quero facerlle unha homenaxe a todos eses títulos que se atreveron a plasmar este tema tabú sen ningún pudor, e este vídeo foi o máis representativo que atopei, con xogos verdadeiramente antigos e curiosos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario