Esperade que acabe de rir, que despois de ver esta noticia, non é para menos. Que a xente fai cousas redículas ilóxicas xa é sabido por todos, pero isto xa roza extremos preocupantes.
Aínda non fai moito saía a noticia que ían adaptar ao cine o Shadow of the Collossus ( eles chámanlle adaptar, eu chámolle destruír a reputación dun excelente videoxogo ), co cal me sorprendeu porque, no xogo , precisamente, diálogos non hai moitos ( a saber como escarallarán o argumento ).
Pero agora chega a mellor noticia, desde a páxina “Vayacine” informan que sacarán a película de Asteroids.
Para aqueles que non coñezan este xogo póñovos un vídeo:
Trátase dun pequeno cursor que ten que evitar chocar cos meteoritos, e para eso poderalles disparar un esquivalos. FIN. Isto é o Asteroids.
Alguén me pode explicar como pasarán isto ao cinema?, eu desde logo non lle vexo explicación, nin o entendo.
Eu supoño que o único que collerán do xogo é o título ( para aumentar a publicidade ) e quizais estea ambientado no espazo exterior. A verdade, non teño nin idea. Estou confuso e preocupado por esta moda de levar calquera xogo á gran pantalla proliferando a creación de absurdas e penosas cintas de vídeo, aproveitándose soamente da calidade do xogo para favorecer a publicidade gratuíta.
Asteroids? Esto non ten nin pes nin cabeza, polo que podería ser unha película digna de Uwe Boll, lástima que sexa un proxecto da disney.
Pois non me estrañaría que se encargase este (penoso ) director do proxecto, e así estariamos ante unha bazofia da altura de Alone in the Dark ou House of the Dead.
Se houbese un mínimo de iniciativa, prohibirían a este personaxe facer máis filmes cutres e deshonradores de videoxogos.