conviction

Isto foi o que dixo o director creativo do xogo, Maxime Beland, e das súas palabras textuais saíu:

“Teremos  un modo normal para xogadores normaiss, que pasarán 12 horas co xogo e non 30 porque morren todo o tempo».

Se fose unha dificultade decente non me parecería tan mal esta información, pero tendo en conta que estes chaman xogadores normais, a persoas que son incapaces encender unha consola sen axuda de internet, xa me preocupa bastante máis, porque estas doce horas convertiranse para un xogador habituado en 7 ou 8, e aquí xa entramos no tema de sempre. Vale a pena gastar 70 eurazos en 7 horas?, ou mirádeo desde esta perspectiva, cada vez que xogues unha hora, entrégaslle dez euros a dita compañía, e tendo en conta que entre que fas o tutorial e te acostumas completamente ao manexo xa vai alomenos unha hora, e se o xogo vicia de verdade pasaralo nuha tarde sen moito problema.

Sempre nos quedará acudir a niveis de dificultade maiores , pero unha vez que pasas o modo aventura e xa sabes todo o que vai acontecer, xa non ten a emoción inicial, así que polo de agora só nos podemos consolar co seu multixogador e cruzar os dedos para que traia un nivel de dificultade correcto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Splinter Cell : Conviction terá unha duración de 12 horas”

  1. Manuel L. Rodrigues di:

    como me tarda o Final Fantasy!!

    Especial neste web xa!!

  2. skaltum di:

    Ejemmm, si, vale, non é que teña moito que ver o Final Fantasy co Splinter Cell, pero en relación a duración seguro que o Final será superior ao Splinter Cell.
    Tamén se comentou que o Final Fantasy XIII será o máis difícil da saga, cousa que deberían agradecer todos os xogadores.
    Aínda así, teremos que esperar bastante tempo para que nos chegue este xogo de rol ás nosas mans, e con relación a un especial sobre este xogo, tempo o tempo…

Deixar un comentario