Ataques de bolas de lume

Por: Sábado, 4 de Xullo de 2009

bolas

Desde que se comezou a falar dos poderes máxicos, un dos máis representativos foron as temíbeis bolas de lume.

Por suposto, os videoxogos souberon captar perfectamente a utilización deste poder, e non é difícil recordar xogos que empregan esta técnica.

Pois nesta páxina , fixeron unha recolecta dos personaxes máis representativos que empregan este poder máxico. Merece ser vista, simplemente para homenaxear a unha técnica que nos ten salvado ( e matado ) tantas veces, unha técnica que está nos videoxogos desde os inicios e que aínda perdura nos nosos días, como claro exemplo, o Bioshock.

Aínda que a mellor bola de lume non se atopa nos videoxogos, atópase nunha serie que todos recoñecemos, e os que medramos con Songoku recordamos perfectamente “ On-da-vi-tal-xaaaaaaaaaaaa”

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario