450 videoconsolas, desde o 1972

Por: Mércores, 1 de Xullo de 2009

Pouco máis teño que engadir ao que pon na cabeceira, é dicir, tedes todo unha serie de plataformas de videoxogos desde o 1972 ata os días de hoxe.

A verdade é que sorprende a cantidade de consolas que sairon ao mercado, pola miña parte descoñecía gran parte delas mais non está de máis aprender un chisco máis sobre estes artiluxios que fixeron da nosa vida algo máis levadeiro.

Como podedes ver, moitas son verdadeiramente surrealistas, outras un tanto aparatosas, pero todas elas co seu propio encanto.

Ademáis mentres observamos estas consolas, obséquiannos cunha memorábel banda sonora na que nos traerá á nosa memoria grandes recordos, grandes e bos recordos…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “450 videoconsolas, desde o 1972”

  1. An di:

    Moi interesante, inda con todo dame a min que faltan moitas consolas 🙂 Saúdos e apertas, tratarei de seguir o teu caderno máis a miudo.

  2. skaltum di:

    Eu opino o mesmo que ti, a cantidade de consolas que saíron ao mercado ( unhas mellores, outras peores ), son case incontábeis, pero eu sempre gosto destas pequenas recolectas que che fan rememorar grandes momentos.
    Por certo, benvido á miña Memoria, oxalá te atope máis por aquí.
    Saúdos.

Deixar un comentario