Lego Arcade

Por: Martes, 30 de Xuño de 2009

Fíxádevos o que se consegue con pezas Lego, unha cámara de vídeo, bo gusto e moita paciencia.

Por suposto, o resultado é unha mestura e repaso dos xogos arcade máis representativos da cultura dos videoxgos. Só polo tempo que tivo que pasar o seu creador xa merece ser visto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Lego Arcade”

  1. Manuel L. Rodrigues di:

    moooola

  2. skaltum di:

    Eu polo menos gosto moito ( e aprezo ) estas manualidades saídas dunha mente perturbada positivamente.
    O simple traballo de colocar todas as peciñas unha a unha e capturando fotograma a fotograma para facer este vídeo merece a súa homenaxe

Deixar un comentario