Análisis de Bionic Commando

Por: Martes, 30 de Xuño de 2009

portada bionic

A quén non lle gusta poder tirarse dun edificio de 200 metros sen que lle pase nada ao chegar ao chan?,pois esta é unha das tantas cualidades que ten o protagonista do xogo que nos segue.

O título ponnos na pel de Spencer, un home biónico, é dicir un personaxe que lle implantaron un brazo (extendíbel ) de aceiro que lle servirá para lanzar pesados obxectos a inimigos, balancearse a centos de metros de altitude, provocar letais golpes, etc. Precisamente neste brazo erradica toda a emoción do xogo.

Primeiro teremos que superar un pequeno tutorial para familiarizarnos con este implante, e aínda que ao principio pareceranos algo complexo, pronto controlaremos o noso brazo biónico como se fose noso de necemento. A partires de aquí empeza a verdadeira aventura.

bionic 1 Teremos que recorrer unha cidade derruída e plagada de soldados, robots, minas aéreas e outros despropósitos que nos farán suar máis dunha vez. Para sortear e eliminar aos inimigos poderemos empregar as comúns armas de fogo ( metralletas, pistolas, lanzagranadas, etc) ou o noso propio brazo, co cal , a medida que avancemos na aventura iremos adquirindo novas habilidades, como agarrar inimigos e lanzalos cara outros, atraer obxectos desde lonxe,lanzar coches polos aires mediante un puñetazo… Todas estas variantes fai que o desenrolo non decaia en ningún momento ( cousas difícil de atopar ), e precisamente aquí está o mellor do xogo, xa que a medida que avancemos, imos notando como a acción frenética aumenta de maneira considerábel, as situacións van collendo maior protagonismo e espectacularidade ( con especial atención a algún que outro monstro que nos atopamos ), a tensión acrecéntase ( ata teremos que asaltar a un avión no aire ), e o argumento vai collendo forma, con traicións, personaxes enigmáticos e un final moi digno.

Desde logo o desenrolo de Bionic e de sobresaínte e a diversión que nos transmite é de matrícula de honra. Asegúrovos, non quereredes que remate.

Por suposto non todo é bo neste plantexamento, xa que as delimitacións dos escenarios están moi remarcadas, aclárome, os transplantes biónicos son totalmente vulnerábeis á radiación e a cidade na que nos encontramos está plagada ( que raro… ). Polo tanto se nos alonxamos un pouco do camiño estipulado morreremos no momento. Esta forma de predeterminar o camiño que temos que seguir non me pareceu a máis acertada, máis que nada , e repítome, polas tan marcadas delimitacións, penso que deberían ser un pouco máis flexíbeis e permitirnos a posibilidade de investigar uns escenarios máis abertos.

bionic 2

Pero tranquilos, que este pequeno detalle deixarédelo de lado ao satisfacer a vosa vista co preciosista apartado gráfico de Bionic. E chámolle preciosista a postas de sol, luz que se reflexa na auga, raios que se filtran polas ventás dos edificios, paisaxes selváticos e unha impresionante utilización das cores e luces. Ademáis, o deseño do personaxe protagonista está moi logrado e os escenarios acadan un nivel que supera ao notábel. Como podedes ver, neste apartado vai máis que sobrado.

Con respecto á lonxevidade do título, mencionar que non estamos ante un xogo sixelo ( teredes que repetir bastantes veces a loita contra varios inimigos), pero aparte desta axustada ( e apreciada ) dificultade temos unha serie de retos que podemos ir facendo durante toda a aventura ( desde matar a un determinado número de soldados, atopar os ítems secretos que están escondidos polos escenarios, utilizar determinadas técnicas, etc.). Estes retos serven para alongar a vida de Bionic Commando, porque para mín este título foi unha das maiores sorpresas deste ano.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario