Desde Hadouken chéganos esta curiosa colección de máquinas recreativas , supostamente sacadas dun anticuario. E aínda que a barreira lingüística nesta páxina estea presente, só fai falla unha boa visión para observar esta galería de máquinas de viciar. Témolas de todos os xeitos e maneiras, unhas que parecen mobles ata outras que aínda estou pensando en como se usarían… pero todas elas cunha cualidade innegábel, o seu sino de absorver e almacenar pequenas pezas circulares que por estes lares creo que se lles chaman moedas.
De todos os xeitos, é unha forma curiosa de viaxar no tempo dos inicios das recreativas, para que teñamos sempre moi presente que a evolución dos videoxogos empezou precisamente nestas máquinas.