Hitman volverá por partida dobre

Por: Luns, 29 de Xuño de 2009

hitman

Teño duas noticias pendentes que darvos, unha boa e unha mala, cal queredes escoitar primeiro?.

Como non me podedes contestar comezarei a falarvos da mala noticia ( canto antes se digan antes se esquecen).

Pois aí vai, haberá unha nova película de Hitman. Despois da frustrante primeira parte volveremos ver ao axente 47 nas pantallas dos cinemas, ademáis, dito filme contará con guión de Kyle Ward, que tamén será o encargado do guión do filme de Uncharted ( si, xa o sei, díxenvos que sería unha nova mala e xa van dúas, pero este mundo é tan cruel… ).

Agora a boa noticia. Parece ser que a película terá elementos argumentais do próximo videoxogo de Hitman que sairá ao mercado en 2010, o cal é bastante bo, porque por fin poderemos ver de novo ao asasino con alopecia nas nosas consolas e ademáis cunha data aproximada, aínda que tamén provocou bastante temor aos seguidores de Hitman polo medo de que a quinta parte desta saga fose unha posíbel adaptación da película, aínda que os seus desenroladores pronto calmaron á marabunta:

“Podo decirvos que é imposíbel que basemos o argumento dun novo xogo de Hitman na historia dunha película licenciada. Non é así como traballamos, así que non debedes preocuparvos por eso.”

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario