“You Where There” interpretada a violín

Por: Domingo, 28 de Xuño de 2009

Só con mencionar You Where There, moitos xa saberedes a qué título vou facer alusión, moitos xa tedes a melodía na mente, e non é para menos, xa que dita canción puxo a guinda final a un dos xogos máis emotivos do catálogo de Playstation 2. Estoume referindo ao imprescindíbel ICO.

Nesa secuencia final que a moitos fixo soltar algunha bagoíña, escoitase esta impresionante canción.

E xa sabedes como vai esto da rede de redes, cando algo chama a atención ( neste caso para ben ), sobra o tempo para que aparezan versións caseiras.

Xa puidemos escoitar esta peza en varios instrumentos, desde guitarras acústicas ata piano , pero desta volta tócalle ao violín, interpretado por un “cabeza-tapada” que consegue unha actuación impresionante ( por suposto que a canción axuda moito ).

Escoitade,…e desfrutade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario