Os ollos dilatáronseme, o corazón acelerouseme, a adrenalina invadíu todo o meu organismo cando lín esta posíbel noticia.
Todo isto surxe á raíz dunha enigmática e misteriosa páxina web, creada por Capcom na que se nos amosa o número 1560, uns oitos anos despóis do sucedido en Onimusha 3.
Todo parece indicar que se trata dun novo Onimusha pero todos sabemos o que sucede con estas malditas páxinas publicitarias, soltarán novas de pouco en pouco ata que a evidencia sexa tal que confirmen o título.
Eu espero e desexo que se trate da quinta parte do Onimusha, porque pensando ben, non atopo ningún outro xogo de Capcom que esté inspirado no século XVI.
ostras!!! sería estupendo
Sería mellor que estupendo,sempre que sexa da calidade dos anteriores títulos por suposto.
Levo anos esperando esta nova ( xa te percataráis que son moi seguidor desta impresionante e pouco conmemorada saga ), polo que espero que non se quede nun simple lampexo rumorístico, como acontece moitas veces.
Polo de agora, estouno agardando co pad na man e a consola acesa.