Resident Evil en plastilina

Por: Xoves, 25 de Xuño de 2009

Atención ao seguinte vídeo creado por un fan da saga Resident Evil, porque desde logo merece os nosos eloxios.

Co simple emprego de plastilina, consegue recrear dunha forma moi depurada, os acontecementos sucedidos na mansión de Raccoon. O traballo deste creador ten como resultado esta preciosidade de vídeo, que vos sacará algún sorriso perdido, ao ver a estes personaxes dunha forma tan curiosa, ademáis ao estar feito todo de forma manual consegue darlle un toque persoal favorecendo a esta “obra”.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario