E continuamos coa treboada de xogos musicais, e se non vos chega con emular unha guitarra , baixo, batería, pratos de Dj e voz, agora tócalle ao piano.
Game Life é a compañía que sacará este xogo , con data de saída fixada en novembro, e virá acompañado por un periférico ( así pódenlle aumentar o prezo un pouco máis ), que presumo que será similar ao de Guitar Hero pero con forma de piano, para tentarnos facer crer que poderemos aprender a tocar este instrumento sen problema…
Easy Piano estará composto por 40 títulos clásicos, desde temas infantís ( non por favooooorrr), ata música pop, clásica e jazz, ademáis contará cun profesor virtual que nos amosará os “intrígulis” do piano,complementados con diferentes minixogos que nos farán a aprendizaxe máis doada.Como extra teremos o estudo de composición, que non hai que ser demasiado intelixente para saber de que se tratará.
En fín, outro título que se suma ao tren de vende-xogos-cutre-musicais, que tanto mal están facendo na portábel de Nintendo, e como podedes comprobar nas imaxes, nin é bonito de ver, pero como sempre, teremos que esperar para comprobar a súa diversión, e se esta é elevada (cousa que dubido moito ), poderemos perdoar esta fea interface.