monster hunter

Alguén que está atrapado no mundo de Tolkien e pendurado no popular xénero da literatura fantástica,debe sentir gran admiración por calquera título que te adentre nun mundo imaxinario, cheo de criaturas irreais, de unha gran variedade de clases sociais, dun ambiente diferente ao que todos estamos acostumados…, pois ben isto foi o que me pasou a primeira vez que oín falar de Monster Hunter, pero unha vez que o probei, como dicilo, deixoume bastante frío.

Cando saíu a primeira entrega para a PSP , nun puiden probar o título, pero arranxeino coa saída da segunda entrega, que froito do éxito do seu predecesor non tardou moito en saír á luz.

Pois ben, encendín a consola, e todo comezou ben, todo comezou como esperaba, a posibilidade de crear un protagonista desde cero, posibilidade de modificar o seu aspecto, roupa, armamento, etc. Continuou perfectamente cando saín á aldea para falar cos seus habitantes, e como gran admirador da fantasía agradoume a distinción das diferentes estirpes sociais,unha banda sonora das máis épicas, gran cantidade de opcións ( con respeto á creación de novas armas e armaduras ).

Como sempre , débese pasar un tutorial para afrontarte con máis forza e experiencia á aventura principal, e neste xogo non é unha excepción, polo que deberás superar unha serie de probas que se che irán explicando detalladamente. Hei de mencionar que o xogo tiña moito futuro na miña cabeza, o  movemento do personaxe era preciso, os gráfico son moi dignos para a portábel, a banda sonora non diminuíu a súa calidade, e as misións que se me estaban pedindo gorentábanme bastante, como cazar un determinado animal, recolectar unha especie diferente de herba, roubar ovos do niño dun dinosauro, etc.

Estaredes pensando, por qué non che gusta se o único que dís do xogo é bo?, pois o tempo foi o que me fixo cambiar de idea.O desenrolo das misións de entrenamento eran todas iguais, é dicir, armarte de obxetos antes de partir, enfrontarte á misión ( sempre se tratará de coller algo en paticular), e entregalo nun recipiente nun campamento. E isto, á larga remata por cansar, pero pensei, só estou no entrenamento, esperarei á aventura principal.

Despois de dúas horas no tutorial ( e non é unha esaxeración ), dirixinme a empezar na aventura. Falei con algún que outro personaxe, e indicáronme como tiña que facer. As misións hainas que comprar nun establecemento, e dependendo do teu rango de experiencia serán máis ou menos complexas, o resto é idéntico ao tutorial.

Non me fixo falta moito tempo para percatarme de que non existía o modo historia, non xogo non existe argumento, sempre te adicará a fecer o mesmo, pagas misión, éncheste de obeetos e superas misión entregando a vítima ( ou parte dela) nun determinado lugar. E ninguén botou de menos unha aventura?, eu que sei, por exemplo que o protagonista quedase atrapado nun determinado lugar e que tivese que sobrevivir, incluso me conformaba coa típica misión de rescate da rapaza do lugar, pero nada de nada. Cada misión é independente, nada teñen que ver entre unhas e outras ( como moito comparte o escenario ), o que lle resta toda a emoción ao título.

Ademáis o emprego das armas, en momentos pode resultar algo frustrante, xa que as armas que se manexan rápido , apenas sacan nada de vida aos inimigos, e as que de verdade producen un maior dano, a súa utización é verdadeiramente caótica, porque estas acostuman ser moi grandes e pesadas, e veraste comprometido cando vexas a enorme e pronunciada lentitude do personaxe con estas espadas, fronte a unha rápida e letal criatura.

Por qué un título con tan boas pintas me resulta tan engorroso?, por qué non me atrae este plantexamento?, debería gostar do ritmo lento do xogo, pero normalmente os títulos de fantasía veñen acompañados dunha fermosa historia, e os Monster Hunter carecen plenamente deste apartado, e non me acaban de atraer.

Aínda así, coa saída inminente do Monster Hunter Freedom Unite, decidín catar esta terceira entrega. Pensei que ao mellor, o anterior xogo empezárao con mal pé, e neste as cousas cambiarían.Tan pronto iniciei o xogo, todo absolutamente todo é idéntico á segunda parte,pantalla de inicio, cor, idénticos menús, incluso a aldea é a mesma, o tutorial é absolutamente idéntico (coas mesmas misións de aprendizaxe ), cheguei a un punto nno que pensei que estaba xogando á segunda parte , pero non, non era así. Neste xogo só varian as misións, polo que ao pouco tempo comecei a sentirme como na segunda parte. Sentinme sen incentivos para avanzar, nada me motivaba, non existe ningún detalle que che incite a continuar. Deixeino a un lado.

Xogos de fantasía épica non abondan moito, e por un que atopo que podería satisfacer todas as miñas ansias de criaturas fantásticas , o meu cerebro indícame que non me gusta. Xa sabedes, todos somos vítimas do noso pensamento.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario