FAKE de chinatoen wars PSP

O aclamado e divertido Chinatown Wars que saíu fai uns meses na DS, fará outra aparición, pero desta volta na portábel de Sony. Dito xogo aparecerá nas tendas en outono, e aparecerá en dous formatos, dixital , descargado desde internet para a futura PSP Go, e tamén en formato UMD, para todos aqueles que teñan a PSP norma.

GTA: ChinaTown Wars chegará a PSP disposto a exprimir o seu  potencial con exclusivos gráficos para pantalla panorámica ( esperemos que se refiran á vista en terceira persoa, deixando a un lado a vista cenital), iluminación e animacións melloradas, e incluíndo novas misións de historia.

"O traballo de Rockstar coa saga GTA foi parte fundamental do éxito das plataformas de PlayStation", dixo Jack Tretton, Presidente e CEO de Sony Computer Entertainment América. "Non poderiamos estar máis contentos dando la benvida ao aclamado "Chinatown Wars" ao destacado catálogo de grandes títulos preparados para a plataforma PSP deste outono".

Pena que a inmensa maioría das misións vaian ser iguais ao título da Nintendo DS, aínda que se cambian a verticalidade da cámara, estariamos ante un punto de vista totalmente novo, polo que a diferenza entre as misións sería consistente.

Ademáis sobra dicir que as tres palabras máxicas de Rockstar, GTA, son sinónimo de calidade, e demostrárono en todas as ocasións , non debería haber motivo para pensar que esta será un excepción.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario