Atención á galería que vos mostro a continuación, sacada da páxina Design-Inspiration .Dito conxunto de debuxos ( corenta e cinco en total ) amósannos a un Mario diferente, a un Mario que se alonxa do inmovilismo conceptual ao que nos ten acostumado ( parece que ultimamente isto é precisamente o que buscan os artistas), uns Marios que ben podían ser protagonistas dun filme de terror psicolóxico e outros Marios máis coherentes cos seus xogos, pero partindo dunha estética diferente.
Asegúrovos que a galería é digna de ver e de eloxiar, que aínda que a figura de Mario é frecuentemente acosada por simples plaxios, moi poucas veces chega a un nivel artístico como esta.