Se non estás máis cego cun morcego nunha discoteca, pódeste percatar que o aspecto técnico deste xogo é verdadeiramente impresionante, e polo que parece a simulación vaise manter na liña dos anteriores en canto a realismo ( o que está controlando o coche, case nin o dá levado pola vía). Pero todo vai estar á altura?, esperemos que melloren a intelixencia artificial do resto dos conductores, para conseguir un aspecto máis competitivo.
Hei de aclarar que non son moi seguidor da simulación, qué queredes que vos diga, prefiro poder dar unha curva intransitábel a 200 km/h, que botarme fóra da carretera nunha curva aberta a 60 km/h ( como sucede a miúdo nos simuladores), e iso sen mencionar que a sensación de velocidade nestes xogos nunca está moi lograda, así e todo , para os que gocen do realismo case seguro que vai sre unha boa aposta.