Robert Kotick, presidente de Activision soltou unhas cantas ameazas a Sony, para que tome algunha medida na súa política. Se as palabras que vos traduzo a continuación saísen da boca de outro personaxe, case que ninguén lle faría nin caso, pero sabendo que Activision é unha das compañías que máis froito produce nas consolas de Sony, penso que merecen ser escoitados, ou Sony pódese ver envolto en máis problemas dos que xa ten.
“Estou comezando a preocuparme por Sony; a PlayStation 3 está perdendo un pouco “o momento” e non me están poñendo as cousas fáciles para seguir apoiando a consola. É caro desenrolar para ela, e a Wii e a Xbox estanse vendendo mellor. Os videoxogos de Xbox xeran un mellor retorno do capital invertido que os de PlayStation. […]”
E para rematar emite unha advertencia e consello a Sony:
“Teñen que recortar o prezo, porque se non o fan, a tasa de adhesión parece que se ralentizará. Se estivesemos sendo realistas, deberiamos deixar de dar soporte a Sony… Cando miramos cara 2010 e 2011, poderiamos querer considerar o seguir apoiando á consola – e á PSP tamén.”
A ver se con isto Sony se percata de que non está facendo todo o que ten nas mans para manter a reputación da súa antiga consola, que por moita potencia que teña, nótase ás leguas que a Playstation 3 está vivindo e sobrevivindo grazas a súa Playstattion 2.
Se levan a cabo unha rebaixa considerada de Playstation 3 podería ser o inicio da verdadeira competencia contra o resto das consolas, aínda que…