Por fín podemos saber canto custa DJ Hero, grazas a Eurogamer, iso si, estamos a falar dos ianquis, así que non sabemos con certeza se aquí chegará co mesmo coste, ou aumentan uns euros máis.
O prezo do Dj Hero é de 120 dólares, o que ven sendo 85 € das nosas moedas, e tendo en conta que por un xogo xa temos que pagar 70 eurazos, non me parece nada caro. Tamén é certo que temos que ter en conta a calidade do periférico, e mentres non se probe, non se sabe.
Tamén informaron do prezo de Band Hero , que será de 200 dólares na súa versión completa, é dicir, batería , guitarra e micrófonos. Por estes lares estamos a falar duns 140 euros. Veremos se manteñen o prezo cando chegue aquí, aínda que este último non me preocupa demasiado, porque despois de comprobar nas miñas carnes a porquería de instrumentos de Guitar Hero : World Tour , xa non me fío nin un chisco de calquera periférico similar.
Ten en conta que as conversións dos prezos que fan as multinacionais soen ser a 1$ = 1€, o que nos fode bastante aos europeos. Se fosen 85€ non me parecería demasiado caro, coma ti dis, pero eu penso que vai ser algo máis…
Saúde!
Si, moito me temo que aquí non chegará por menos dos cen eurazos, e tendo en conta que non deixa de ser un plástico, non sei eu…
Polo menos esperemos que non falle tanto como os instrumentos do Guitar Hero, algo verdadeiramente preocupante para unha compañía como con tanta repercusión.