O gato pianista pixelado

Por: Mércores, 17 de Xuño de 2009

Supoño que todos recordaredes o famoso vídeo do gato pianista , pois ben, deixade esa versión a un lado e quedádevos con esta que se amosa no seguinte vídeo.

Vale, xa sei que teño certa debilidade polo pixelado, pero a homenaxe que se lle fai a Super Mario con esta composición e certamente desconcertante. Un gato que toca nun piano a melodía de Mario cando perde unha vida. É tan subxectivo que me encanta.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario