Cada vez teño máis medo, cantos máis rumores haxa sobre unha nova Xbox 360, máis posibilidades hai de que sexan verdade. Eu teño a esperanza de que Microsoft non faga esa idiotez, e siga apostando pola 360 normal, pero non estou eu para fiarme.
O último rumor que apareceu, veu da man de TeamXbox , os cales especifican que a próxima Xbox Natal, terá integrada a tecnoloxía de detección de movemento denominada Natal, e ademáis incorporará gráficos Full HD 3D e estereoscópicos , algo moi parecido os que xa podemos desfrutar nalgúns cinemas e con algunhas pantallas e gafas 3D.
Xa sabedes o que opino eu dos proxectos de detección de movemento, nin me gustan, nin me parecen fiábeis, nin me parecen unha forma divertida de xogar. Con respecto a ter que xogar cunhas gafas para poder ver un personaxe en 3D, honestamente, paréceme unha perda de tempo.
Por qué se queren complicar tanto a vida?, por qué non invirten máis en crear xogos impresionantes e menos gadgets que a fin e o cabo non nos leva a ningún lado?
EDITO: Parece que a sensatez acompañou ao ser humano, xa que despois de tanto rumor sobre unha posíbel nova consola, Aaron Greenberg , director de product management, desminteu toda posibilidade sobre esta consola que acompañaría a Natal.
“Creo que parte do entusiasmo que provocou o anuncio [de Proyecto Natal] é que de moitas maneiras estamos ofrecendo unha experiencia da seguiente xeración nesta. Dito esto, podo confirmar que Natal funcionará en Xbox 360, así que non é necesario invertir nunha nova consola”