A miña historia con Guitar Hero

Por: Luns, 15 de Xuño de 2009

Vouvos a contar un drama, un drama que sufrín na miña propia pel, unha historia baseada en feitos reales.

Todo comezou cando un bo día entrei nunha tenda de videoxogos e tiñan no probador o Guitar Hero 1. Esperei paciente a que deixaran o lugar e collín a guitarra na man. Dinlle a comezar, e sen ter moita idea de como ía todo aquelo, premín os botóns ata que lle fun collendo o “tranquillo”. Sobra dicir, que desde ese día quedei viciado, e enamorado de Guitar Hero. Os días pasaban, e seguía pensando nese xogo. Sacaron a segunda entrega e a continuación e inminentemente deu froito a terceira parte.

Non me aguantei máis, fixen peripecias para aforrar os 100 eurazos que custaba o Guitar Hero 3 e funo adquirir rapidamente. Cheguei á casa, desempaquetei o meu premio, suábanme as mans, montei a guitarra, introducín o xogo na 360 e iniciei sesión. Non hai palabras a describir esa sensación, os altavoces afumeaban e eu estaba alí, interpretando temas clásicos do rock.

Coma todo bo principiante, comecei en dificultade normal, o pouco paseime ao difícil e con meses de práctica nas miñas costas, puiden pasar ao nivel experto ( hei de recoñecer que eu tampouco son capaz de pasar a canción de Dragonforce).

Así pasaban os días e meses, cando tiña un anaco, alí estaba eu enganchado ao Guitar Hero 3, pero coma todo, a situación cambiou. Navegando na rede chegou a información, de que o próximo Guitar Hero sairía nos próximos meses e traería a posibilidade de tocar a batería , voz e guitarra ( esta traería melloras incorporadas). A miña inxenuidade era tal, que me alegrei potencialmente.

Este novo Guitar Hero que se chamaba World Tour, saíu e eu esperei a ver as primeiras críticas. De notábel para arriba.

Teño que aclarar que desde o rumor xa comezara a aforrar, e aínda que 210 excesivos euros, parecíanme demasiados, as ganas de simular unha batería foron maiores. Así un bo día dirixinme a unha tenda.

Entrei e levei a miña primeira decepción. Non tiñan o pack para a Xbox 360. Quedei pensativo e formei os meus plans na cabeza. Levo o pack de Playstation 3, e despois vendo a guitarra e o Guitar Hero 3, total, con este novo pack , apenas o vou xogar.

Así foi, desenvolsei os 210 eurazos e levei o Guitar Hero Worl Tour para a Playstation 3. Ao chegar a casa, montei todo o máis rápido posíbel. Pareceume raro que os instrumentos necesitasen un adaptador conectado á consola para que fosen inalábricos pero non lle dín máis importancia. O primeiro que fixen é probar a nova guitarra e as súas melloras, como os botóns táctiles e o alragamento da púa. Despois de tocar unha canción que non me gustaba en absoluto, paseime á batería. Era difícil, pero pouco a pouco dunme adapatando a súa sensibilidade, que non era 100%, nen sequera chegaba ao 60%.Con referenza ao disco, pareceume un título moito máis doado, pero moitísimo máis e cunha selección de cancións pouco apropiada. Nada que ver coa terceira parte. Pero o peor chegaría os días seguintes.

A mañá seguinte levanteime con ganas de máis Guitar Hero, e comecei a tocar, pero cando levaba escasas tres cancións, o platillo amarelo da batería deixou de funcionar. Quedei paralizado, dinlle voltas, apaguei e encendín a consola, saqueille as pilas e púxenlle outras novas ( todas estas cousas inútiles que se fan cando a desesperación e grande).Nada o plato seguía sen funcionar. Levei todo o pack o lugar onde o mercara e comenteille o problema.Tiven que deixarlle todo alí, á espera de que me puidesen amañar esa ou traerme outro pack novo. Unha semana enteira estiven esperando, ata que me chamaron para que fose por unha nova. Inmediatamente aparecín alí e volvín para a casa. Conectei todo de novo, e como sempre a primeira vez parecía que todo funcionaba correctamente, a dicir verdade a sensibilidade dos parches da batería deixaban moito que desexar.

Fixen o mesmo durante uns días, e cando non levaba unha semana co xogo, volveume fallar outro parche, desta vez o vermello. A miña paciencia acabábase e cagándome en todo e todos , decidín esperar un tempo antes de volver á tenda, polo menos desfrutar un pouco da guitarra, pensei eu. O bo foi cando collín a guitarra e ao minuto fallou a púa, esa gran novidade que incluía a guitarra, esa gran mellora era unha estafa, tendo en conta que é moito menos resistente ca anterior guitarra, e iso que eu toco amodiño e sen exercer moita forza.

Non pode ser, isto non me pode estar pasando a mín. Volvín á tendo e dinme que é mellor que chame aos de Activision para que solucionen eles o problema. Xa se me estropeara dúas veces, asique chamei no día, mencionando que non funcionaba a batería e a guitarra fallaba na maioría das veces, e non lle dixen que este pack era unha auténtica porquería, porque me amarga falar castelán, que se non…

Dito esto, e semanas despois chégame un paquetiño. Imposíbel que dentro desta caixa veña a batería. Ábroa e atópome coa guitarra e un cable. Infórmome e percátome que ese cable é para aumentar a sensibilidade da batería. De novo cabreado volvo chamar a Activision e aclaro que un parche da batería non funciona nada de nada, o que lle fai falla aumentar a sensibilidade e ao resto, pero iso xa foi de sempre.

Volvo esperar unhas semana e por fín chega a batería. Sen esperanzas conectoa e comezo a tocar. Sen ningunha alegría toco as malísimas e facilísimas cancións coa que conta o xogo, e penso que só é cuedstión de tempo de que volva fallar. Adivinade que pasou?, tres semanas foi o tempo que tardou en volver a fallar un dos seus parches.

Sen ganas nin ilusión por esta merda de xogo e periféricos, deixéina a un lado, falloume tres veces, tres veces. Como unha compañía destas caracteríticas pode permitir isto?, pagar 210 € por uns plásticos que fallan a miúdo, e polo que parece, non son o único.

Xa pasou un mes desde que teño todo o pack abandonado, e cal foi a miña sorpresa, cando paseando por un centro comercial atópome o Guitar Hero 3 e guitarra para a Xbox 360 a 50€, a metade do que me custara da primeira vez. Non o dubidei e adquirino.

Volvín a sentirme ben cun Guitar Hero, as cancións son preciosas e moi complicadas, a guitarra non me fallara nunca e non creo que me falle esta tampouco, agora vólvome viciar imitando tocar a guitarra.

So me queda unha dúbida, non sei se queimar o World Tour con todos os seus insultantes priféricos ou enterralo nun buraco ben fondo, para que ninguén volva a caer na tentación.

MERDA DE WORLD TOUR.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “A miña historia con Guitar Hero”

  1. Marcus di:

    ¡Menuda odisea! Sinto moito que tiveras mala sorte cos periféricos. A min a Gibson de Xbox 360 non me fallou nunca e trátase dun periférico excelente.
    Hoxe, quen queira contar con todos os instrumentos sempre pode mercar o pack de Rock Band de oferta (menos de 100 euros), mentres que para os que xa teñan guitarra compensa utilizar o micrófono de Lips (cada vez funciona en máis xogos) e pillar unha desas cutres baterías de viaxe (son malas, pero custan pouco máis de 30 euros, polo que non prexudican tanto o peto).

  2. skaltum di:

    Honestamente, perdín toda a gana de meter outra batería na miña casa. Xa me causaron os suficientes problemas como para odialas durante o resto da vida.
    Agora estou tranquilo coa miña guitarra do Guitar Hero 3 e o propio xogo,xa non os cambio por nada do mundo.

  3. […] non vou falar deste apartado, xa que non o probei, e todo isto pola mala reacción de Activision ante o meu “problema”. Así, só me adico a xogar coa miña guitarra sen engorrosas baterías que […]

Deixar un comentario